domingo, 10 de noviembre de 2013

Comentario mapa litológico

Comentario dun mapa litológico de la Península Ibérica.
Uno de los ejercicios prácticos es el comentario de un mapa similar a éste. De hecho ya ha sido propuesto su comentario recientemente en una prueba de selectividad. Os dejos las preguntas que le acompañaban y también la propuesta de solución que usaron los correctores.

Preguntas:
 -Atendiendo al documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Enumere las 4 unidades del relieve marcadas con las letras A, B, C y D en el mapa (1 punto).
b) Comente el documento atendiendo a las siguientes cuestiones:
-  Identifique el documento y complete su leyenda con las áreas litológicas que le correspondan (1 punto).
-  Orígenes geológicos y localización de cada área litológica representada (1 punto).
-  Roquedo predominante y ejemplos de modelado correspondientes a cada área litológica (1 punto).




SOLUCIÓN PROPUESTA



Enumere as 4 unidades do relevo marcadas coas letras A, B, C, D no mapa (1 punto):
A.- Cordilleira Costeira-Catalá
B.- Montes Vascos
C.- Montes de Toledo
D.- Serra da Tramontana

Identifique o documento e complete a lenda (1 punto):
Mapa da Península e arquipélagos canario e balear de tipo corocromático-temático coa trama de provincias , a rede fluvial principal e a representación corocromática da litoloxía predominante na península e nos arquipélagos.
Número 1 coa cor verde: Área silícea
Número 2 coa cor vermella: Área calcaria
Número 3 coa cor amárela: Área arxilosa
Número 4 coa cor azul: Área volcánica.


Orixe xeolóxica e localización de cada área/dominio (1 punto):
Área silícea:
- Rochas moi antigas, do Precámbrico e do Paleozoico que foron antigos macizos arrasados.
 
- Localízanse nas rexións nas que aflora o vello zócalo herciniano da Meseta e en zonas de outros macizos antigos. Todo o terzo oeste peninsular (excepto zona de Lisboa) e se estende cara o oeste da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena; e formando manchas illadas, no eixe central dos Pireneos, Penibéticas, algunhas serras do Sistema Ibérico e a Cordilleira Costeira-Catalá.

Área calcaria:
- Rochas sedimentadas durante o Mesozoico e comezos do Terciario que co pregamento alpino formaron os conxuntos montañosos da zona oriental española.
- Esténdese formando unha Z invertida, desde as costas catalanas ata o estreito de Xibraltar. Pireneos, Sur da Cordilleira Costeira-Catalá, Montes Vascos, e metade oriental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Subbéticas. Domina no arquipélago balear, salvo as chairas centrais
Área arxilosa:
- Rochas que foron depositadas a finais do Terciario e no Cuaternario.
- Se estende polas depresións terciarias: as concas castelás, as depresións do Ebro e Guadalquivir; as chairas litorais mediterráneas e a depresión do Sado-Texo.

Área volcánica:
- Nas erupcións volcánicas durante a era terciaria, ascenderon masas de rochas volcánicas.
- Illas Canarias e zonas da península como Cabo de Gata, Olot e Campo de Calatrava.

 Rochedo predominante e exemplos de modelado correspondente (1 punto):

Área silícea:
- Poden ser metamórficas como as lousas, xistos ou gneis, ou ígneas como o granito.
- Relevo granítico: areas pardoamarelas, cristas, pedregais, domos, barrocais, caos granítico.

Área calcaria:
- Rocha predominante e a calcaria.
- Relevo cárstico: lapiás, foces, poljés, dolinas, covas e simas.

Área arxilosa:
- Rochas como as arxilas, margas e xesos.
- Forman relevos basicamente horizontais, por non sufrir pregamentos posteriores. A súa rápida erosión xera:
o Zonas de escasa vexetación: cárcavas que poden orixinar os badlands.
o Zonas onde a erosión dos ríos abriu vales que separan estruturas horizontais con alternancia de materiais e orixinan chairas suavemente onduladas: as campiñas.

Área volcánica: 

- Segundo a viscosidade da lava e a proporción de produtos sólidos poden ser: lapilli, escorias, bombas volcánicas ou coladas.
- Formas máis características: conos volcánicos, calderas, domos, malpaíses, diques, barrancos volcánicos.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario